Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescate de 22 tripulantes nun buque con alarma de incendio nos Azores

Rescate de 22 tripulantes nun buque con alarma de incendio nos Azores

A Armada de Portugal e os barcos da zona solventaron con éxito a operación

A tripulación foi trasladada ao aeropuerto de Horta pola Forza Aérea portuguesa

O lume prendeu na adega de carga onde ían almacenados vehículos de alta gama

Rescate da tripulación do buque Felicity Ace por Salvamento
G24.gal 17/02/2022 20:23

A Armada portuguesa socorreu 22 tripulantes dun buque con alarma por incendio nas Azores. O navío Ro-Ro Felicity Ace, navegaba a 170 quilómetros ao suroeste da illa de Faial e mandou aviso ao detectar lume na adega de carga o mércores 16 de febreiro pola mañá.

A través do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Ponta Delgada coordinouse unha operación de rescate coa Armada de Portugal e cos barcos que faenaban na contorna 

Os tripulantes foron transportados ao aeropuerto de Horta por un avión EH-101 da Forza Aérea portuguesa. O Felicity Ace partira do Porto de Emden en Alemaña o 10 de febreiro e contemplaba chegar Davisville, Rhode Island, Estados Unidos, na xornada do 23 de febreiro.

O buque segue á deriva

O buque, que levaba vehículos dunha coñecida marca de alta gama, finalmente quedou á deriva tras a operación de rescate levada a cabo con éxito. 

A Armada de Portugal sinala que ata o momento non se rexistraron fontes de contaminación no mar. O propietario do barco está en contacto co axente loxístico coa fin de elaborar un plan para remolcar o buque de bandeira de panameña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade