Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan un can cego que pasou a noite perdido á beira do río Tambre en Trazo

Rescatan un can cego que pasou a noite perdido á beira do río Tambre en Trazo

A corrente levou o animal río abaixo e non puido ser localizado e rescatado polos voluntarios ata o mediodía

G24.gal 08/05/2024 14:19

Un can cego foi rescatado este mércores na beira do río Tambre tras desaparecer onte ás 6 da tarde cando nadaba na zona da praia fluvial de Chaián, en Trazo.

5 voluntarios conseguiron localizalo despois de recibir a negativa dos servizos de emerxencias de organizar un dispositivo de busca.

Poucos confiaban neste final feliz para un suceso que mantivo en suspense durante 18 horas a dona de Zipi e os seus amigos. O American Staffordshire, bo nadador aínda que cego, non foi quen de alcanzar a outra beira do Tambre cando xogaba na zona de Chaián a pasada tarde. 

Nese momento decidiron pedir axuda e organizouse rapidamente un grupo de WhatsApp e outro de Facebook para interntar localizalo. Con arredor de 20 voluntarios tentárono ata que se fixo de noite. Pero a zona e as circunstancias eran moi complicadas.

Por sorte ese milagre ocorreu contra as 12 desta mañá grazas ao traballo de varios deses voluntarios que localizaron a Zipi xunto a unhas silvas, machucado, uns 400 ou 500 metros río abaixo do lugar onde o perderan de vista a tarde anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade