Reservar para viaxar ás illas Cíes en agosto é case imposible
Reservar para viaxar ás illas Cíes en agosto é case imposible
Para as visitas libres non hai praza ata o 27
Os que queiran viaxar ás illas Cíes no mes de agosto téñeno complicado.
Os que o fixeron estes días reservaron hai meses e agora só quedan unhas poucas prazas.
Ata o día 24 é imposible acceder aos grupos guiados e para as visitas libres non hai praza ata o 27.
E é que cada verán as Cíes son un dos destinos favoritos dos que nos visitan. Turismo nacional e internacional e algúns incluso repiten. No seu regreso ao porto de Vigo puidemos constatar que é unha visita que nunca defrauda.
Todos coinciden na beleza das illas, da súa paisaxe, das súas praias e só se queixan da temperatura das súas augas cristalinas.
Cada día ofrécense 1.800 prazas para viaxar as Cíes baixo unha estrita supervisión da Xunta de Galicia e co obxectivo de preservar o ecosistema das illas.
Regúlase así o acceso e tamén se asegura que os visitantes respecten o parque natural.