Restablécese o tráfico do tramo Ponferrada-Monforte ao repararse os danos polo descarrilamento dun tren

Estre tramo levaba interrompido desde a tarde do pasado mércores, cando descarrilaron varios vagóns con produtos químicos
O tráfico ferroviario do tramo Ponferrada-Monforte de Lemos restableceuse pasadas as seis da mañá deste venres despois de que os equipos de mantemento de Adif repararan os danos producidos na infraestrutura provocados polo descarrilamento dun tren con mercadorías perigosas en Valdeorras.
Segundo informou Adif na mañá deste venres nunha mensaxe en Twitter, volveuse á normalidade no tramo entre as localidades de Vilamartín de Valdeorras e A Rúa Petín.
Estre tramo levaba interrompido desde a tarde do pasado mércores cando varios vagóns dun tren de mercadorías que transportaba produtos químicos, entre eles argon líquido, descarrilaron ao seu paso pola localidade ourensá de Vilamartín de Valdeorras.
E foi na madrugada deste venres cando Adif informou de que quedaba restablecido o tráfico ferroviario neste tramo despois de reparásense os danos producidos na infraestrutura.