Publicador de contidos
Publicador de contidos

Restricións de usos non esenciais da auga na Mariña e na Coruña

Restricións de usos non esenciais da auga na Mariña e na Coruña

Prohiben en Barreiros baldeos, enchido de piscinas e rega de xardíns

Cortouse a subministración de billas e duchas de numerosas praias 

G24.gal 12/08/2023 19:54 Última actualización 12/08/2023 20:12

O do Vicedo foi o último concello da Mariña que tivo que aplicar restricións ao uso da auga da traída. Súmase aos de Xove, Ribadeo, Barreiros e Riotorto, que tomaron diferentes medidas para paliar a falta de auga. As duchas e billas das praias xa non subministran e nalgúns lugares prohibiuse tamén encher piscinas, lavar coches ou regar xardíns. Polo de agora, a rega para usos agrarios segue estando permitida. Á seca hai que engadirlle o aumento do consumo pola presenza masiva de turistas.

Malia que choveu durante a noite, na Coruña e en Oleiros vívese unha situación similar. O encoro de Cecebre está moi por baixo do seu caudal e non queda outra que suprimir os usos non esenciais da auga como os baldeos das rúas ou o funcionamento das fontes. Os concellos fan un chamamento ao uso responsable da auga.

Se a situación non cambia, algúns concellos terán que establecer cortes na subministración para todo tipo de usos da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade