Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedan ilesos os viaxeiros dun autobús escolar que sufriu un accidente en Amoeiro

Quedan ilesos os viaxeiros dun autobús escolar que sufriu un accidente en Amoeiro

No vehículo ían once menores xunto á acompañante e condutora do autobús

G24.gal 19/12/2023 12:11

O accidente produciuse cara ás 9:00 horas desta mañá na estrada comarcal de Amoeiro, momento da entrada no centro educativo. A primeira conclusión dos investigadores sobre as causas do accidente é que o vehículo puido patinar debido a unha placa de xeo na calzada.

"Nesta curva un autobús escolar saíra da estrada por mor da xeada, e foi contra un muro, tirando un valado pequeno que hai aí na curva", explica o alcalde de Amoeiro, José Luís González.

No autobús viaxaban once escolares, ademais da condutora e unha acompañante. O accidente aconteceu a apenas dous quilómetros de Amoeiro.

"Aínda estaba recollendo os rapaces, ía cara a Fontefría, viña da zona de Amoeiro e estaba facendo o percorrido".

A pericia da condutora evitou que o sinistro tivera consecuencias máis graves. No momento do accidente a temperatura era de cinco graos e medio baixo cero e había xeo na estrada e tamén xeada. O frío chegara a conxelar a néboa no pavimento e na contorna da estrada. 

"Aos nenos non lles pasou nada, absolutamente nada. Foi un susto, saíron todos ilesos e a condutora tamén. Todos se puideron baixar para o colexio, un pouco máis tarde, pero puideron baixar."

O autobús ten capacidade para 35 viaxeiros, aínda que no momento do sinistro tan só viaxaban 13 persoas. Dende o Concello apuntan que van reforzar a limpeza de estradas para evitar que accidentes coma este poidan repetirse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos