Cargando resultados...
Veciños dunha aldea de Amoeiro denuncian o mal estado de varios postes de teléfono
Veciños dunha aldea de Amoeiro denuncian o mal estado de varios postes de teléfono
O máis perigoso atópase na praza da localidade de Liñares e ten a base desfeita pola couza
G24.gal
26/07/2024 14:45
Última actualización 26/07/2024 16:14
A preocupación é máxima entre os veciños de Liñares dende hai meses, especialmente os días de vento.
Temen que o poste de teléfono que hai na praza acabe caendo sobre os nenos que xogan na zona ou os peregrinos que pasan a diario por alí.
Está pendurado só polos cables. Un perigo que constataron os bombeiros e tamén, din, os propios técnicos de telefónica, pero que, por agora, ninguén solucionou.
Esixen que se retire e se actúe tamén nos outros postes de madeira que están dobrados.
Xa presentaron varias reclamacións diante da compañía e no concello, que se uniu as súas esixencias, estendéndoa ademais a outras dúas aldeas coa mesma problemática.