Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retencións na A-52 por mor das obras no viaduto da Valenzá

Retencións na A-52 por mor das obras no viaduto da Valenzá

O de Allariz xa está aberto por completo ao tráfico tras remataren as obras de mellora

G24.gal 22/10/2023 18:01 Última actualización 22/10/2023 18:27

As obras para mellorar a impermeabilización do taboleiro no viaduto da Valenzá comezaron en marzo e continúan afectando os coches que pasan acotío por este treito da A-52.

A fin de semana pasada, coa intensidade de tráfico debida á ponte e por causa dun pequeno sinistro, formáronse longas retencións, pero os usuarios da autovía das Rías Baixas din que a demora nos traxectos é diaria polas obras.

Este viaduto e o de Allariz, aberto por completo ao tráfico recentemente tras remataren as obras, son de construción semellante ao da A-6 que colapsou. Con estas obras, o Ministerio de Transportes consolida a estrutura para, di, evitar perigos. 

As obras dos dous viadutos de Ourense foran declaradas de emerxencia polo Consello de Ministros e teñen un custo de máis de seis millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade