Cargando resultados...
A operación retorno e as obras no viaduto da Valenzá provocan retencións na A-52
A operación retorno e as obras no viaduto da Valenzá provocan retencións na A-52
Só está aberto un carril para cada sentido
G24.gal
15/10/2023 19:03
Última actualización 15/10/2023 20:58
A autovía das Rías Baixas soportou este domingo ao seu paso por Ourense ringleiras de vehículos en dirección a Madrid. As causas: un pequeno sinistro sen feridos, o intenso tráfico pola operación retorno e as obras no viaduto da Valenzá.
Só está aberto un carril para cada sentido, o cal provoca que se formen retencións de varios quilómetros en momentos precisos.
Os cortes para levar a cabo melloras, para evitar posibles deficiencias coma as que fixeron colapsar o viaduto da A-6, comezaron en marzo neste viaduto e no de Allariz, onde xa remataron as obras.