Retiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños da dársena da Coruña
Retiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños da dársena da Coruña
Máis de cen voluntarios colaboraron na III Gran Limpeza
A iniciativa está enmarcada no festival Mar de Mares
Cada ano, uns sete millóns de toneladas de residuos acaban nos mares e nos océanos e impactando de forma dramática nos ecosistemas. Ata dúas toneladas de lixo conseguiron retirar os voluntarios da terceira gran limpeza dos fondos mariños da dársena da Coruña.
Oitenta bucios, a maioría de escolas da cidade, mergulláronse nas augas portuarias para retirar do mar o que nunca debeu acabar alí. Nas súas incursións subacuáticas empezan a ser infrecuentes as paisaxes libres de lixo.
Este ano a limpeza realizouse ao redor do castelo de Santo Antón, unha zona de especial interese arqueolóxico que agocha un rico patrimonio cultural subacúatico que hai que protexer. Por iso varios arqueólogos sumáronse á expedición.
A oceanógrafa e divulgadora Gádor Muntaner colaborou na acción, enmarcada no festival Mar de Mares que celebra e reivindica a importancia vital dos océanos e a necesidade urxente de preservalos.