Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuízo a Daniel Sancho retómase coa análise de probas forenses

O xuízo a Daniel Sancho retómase coa análise de probas forenses

Na sesión escoitáronse os testemuños do xefe de policía que analizou o cuarto de hotel de Daniel Sancho, escenario do crime, un axente do departamento policial de turismo e un médico do hospital de Phangan

G24.gal 17/04/2024 14:35

Despois de cinco días de receso polo aninovo budista, retomouse en Tailandia o xuízo a Daniel Sancho, acusado do asasinato do cirurxián colombiano Edwin Arrieta.

Co foco posto nas probas forenses nesta cuarta sesión estaban citadas testemuñas que participaron na investigación, aos que Sancho puido preguntar coa axuda dunha intérprete ao inglés en sala, salvando os problemas que tivo a semana pasada, coa tradución ao español por videoconferencia.

Segue prohibido contar o que ocorre dentro, onde volveron sentar os pais do acusado, a analista Silvia Bronchalo e o actor Rodolfo Sancho, quen dixo estar contento co traballo dos avogados do seu fillo. 

Na sesión de hoxe escoitaron o xefe de policía que analizou o cuarto de hotel de Daniel Sancho, escenario do crime, segundo a investigación. Un axente do departamento policial de turismo e un médico do hospital de Phangan.

O Tribunal examinou con eles as partes encontradas do cadáver da vítima e as mensaxes de móbil que Sancho e Arrieta intercambiaron antes do crime.

No xuízo participan como observadores representantes da Embaixada de España, xa que Daniel Sancho se enfronta a unha posible pena de morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade