Reunión clave entre patronal e sindicatos do metal na antesala dunha folga indefinida
Reunión clave entre patronal e sindicatos do metal na antesala dunha folga indefinida
A décimo quinta reunión sobre o convenio colectivo celébrase coas posturas aínda moi enfrontadas
Houbo avances na suba salarial e na redución de xornada, pero insuficientes para os sindicatos
A reunión, a décimo quinta sobre o convenio colectivo, celébrase coas posturas aínda moi afastadas entre patronal e sindicatos.
Houbo avances na suba salarial e na redución de xornada, pero polo momento insuficientes para a parte sindical. O grande escollo está na subrogación que para os sindicatos é imprescindible para asinar o convenio.
Os empresarios rexeitan incluír este punto, consideran que afecta a unha minoría e que xa está regulada.
O encontro prodúcese na antesala dunha folga indefinida a partir deste martes.
De non haber acordo, trinta e tres mil traballadores afectados polo convenio do metal están chamados á folga indefinida na provincia de Pontevedra.