Cargando resultados...
Rexistrado un terremoto de magnitude 4,6 no Atlántico a uns 250 quilómetros de Galicia
Rexistrado un terremoto de magnitude 4,6 no Atlántico a uns 250 quilómetros de Galicia
Instituto Xeográfico Nacional
G24.gal
24/06/2023 16:04
Última actualización 24/06/2023 21:01
O Instituto Xeográfico Nacional informou dun terremoto de magnitude 4,6 este sábado no océano Atlántico, a uns 250 quilómetros da costa galega.
O sismo produciuse ás 13:45 horas a uns 50 quilómetros de profundidade, nun punto do Atlántico situado ao noroeste de Galicia.
A Rede Sísmica Nacional informa de que o terremoto tivo unha magnitude de 4,6 e foi constatado por estacións en Noia, Ferrol, Culleredo, Cambre e Sada, todas na provincia da Coruña.