Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribadavia acolle unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia acolle unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro

Máis de trinta adegas e colleiteiros regresan á alameda da vila ourensá para a mostra

G24.gal 30/04/2022 21:32

Máis de trinta adegas e colleiteiros son os encargados de traer de volta a feira do viño do Ribeiro á súa esencia, a alameda de Ribadavia. Levaban dous anos agardando, pero a resposta do público non puido ser mellor, ademais ao tempo acompañou cunha xornada case estival.

"É un dos mellores eventos que temos no Ribeiro, onde máis se goza, máis días seguidos e a verdade é que é unha pasada este evento. Había gana", comenta o adegueiro Cristian Rodríguez.

2.500 hectáreas de viñedo producen cada ano nesta denominación de orixe,  a máis antiga de Galicia, arredor de 14 millóns de quilos de uva.  A sona do Ribeiro, ben asentada en Galicia, espállase cada vez máis, e non só en España.

"Ultimamente hai máis interese por parte do público, xa non só en Galicia, onde é máis coñecido, senón tamén a nivel nacional e internacional", apuntan dende a adega Antonio Montero.

A feira do viño do Ribeiro, que acolle numerosas actividades paralelas, continúa tamén durante a xornada do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade