Cargando resultados...
Ribadavia declara o nivel de emerxencia e alerta pola seca
Ribadavia declara o nivel de emerxencia e alerta pola seca
G24.gal
11/08/2022 21:21
Última actualización 11/08/2022 21:28
O concello ourensán de Ribadavia declara a alerta por seca. Trátase do primeiro concello galego en tomar esta decisión.
A situación empeorou moito nas últimas horas.
Din que sae máis auga da que entra e que non estaría garantido a subministración de auga nas próximas horas.
O concello distrubuíu máis de 25 puntos de repartición de auga por todo o municipio.
Son uns depósitos fixos na rúa para uso doméstico.
O concello ten autorización para coller auga dos ríos Miño e Avia.
Trasladarana en camións cisterna ata o depósito.
Cos encoros en niveis baixos, a Xunta autorizou a captar auga dos ríos para abastecer á poboación neste contexto de seca prolongada.