Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra inicia a vendima co obxectivo de recoller uns 5,5 millóns de quilos de uvas

A Ribeira Sacra inicia a vendima co obxectivo de recoller uns 5,5 millóns de quilos de uvas

Nas adegas desta denominación de orixe agardan unha colleita de moi boa calidade

G24.gal 23/09/2024 15:20

Este luns comezaba a vendima na denominación de orixe Ribeira Sacra. Esperan recoller 5 millóns e medio de quilos de uva dunha moi boa calidade.

Así o din na adega La Capitana, na localidade luguesa de Sober, en pleno corazón da Ribera Sacra. E en Regina Viarum, un proxecto familiar de moitos anos. Boa parte dos seus viñedos sitúase en bancais centenarios onde hai moi pouca mecanización e case toda a vendima se realiza de maneira tradicional e manual. As boas vistas facilitan o traballo.

Os próximos 27 e 28 preparan unha actividade especial para que toda persoa que queira vivir en primeira persoa a vendima poida facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade