Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra propón unha "colleita en verde" para facer fronte aos excedentes de produción

A Ribeira Sacra propón unha "colleita en verde" para facer fronte aos excedentes de produción

Poránse en contacto cos viticultores con contrato en 2023 e que quedaron sen vender a uva o ano pasado, máis de 300, para saber cantos estarían interesados

G24.gal 11/01/2025 18:50

Coas cepas espidas, é tempo de poda e de preparar as viñas para próxima colleita. Na Ribeira Sacra fano pendentes do excedente de produción provocado pola caída de consumo do viño tinto a nivel global e os efectos a pandemia. Para facerlle fronte dende o Consello Regulador propoñen unha colleita en verde. 

Poranse en contacto cos viticultores con contrato en 2023 e que quedaron sen vender a uva o ano pasado, máis de 300, para saber cantos estarían interesados nesta medida.

O Consello regulador solicitou, ademais, reducir a produción por hectárea, nas variedades tintas, de 9.500 a 7.500 quilos nunha aposta pola calidade fronte ao rendemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar