Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno inicia conversas para elaborar o plan de continxencia e reducir o consumo de gas

O Goberno inicia conversas para elaborar o plan de continxencia e reducir o consumo de gas

O Executivo debe enviar en setembro a Bruxelas o documento coas propostas

O plan complementa o decreto de aforro enerxético aprobado no Congreso

G24.gal 26/08/2022 14:42

A vicepresidenta terceira vai convocar empresas enerxéticas, partidos e axentes sociais para escoitar propostas antes de deseñar o plan de continxencia que debe presentar en setembro en Bruxelas.

A primeira reunión de Teresa Ribera foi con Arturo Gonzalo Aizpiri, conselleiro delegado de Enagás, a empresa de transporte de gas natural que é tamén a que xestiona o sistema gasista español.

O Executivo di que prepara medidas similares ás adoptadas en Francia ou Alemaña. "Estamos traballando nese plan, imos facelo nas próximas semanas. Imos escoitar e intentar que sexa de sentido común, con medidas que se adoptan noutros países europeos sen ningún debate", asegurou Félix Bolaños.

O plan completa o decreto de aforro enerxético, que o Goberno validou no Congreso co apoio dos seus socios de investidura. Dende Ecuador, Pedro Sánchez celebraba esta maioría: "Triunfou o sentido común, a política sa que defende o interese xeral".

Cuca Gamarra sostén que o decreto presenta carencias. Di que os populares traballan nun plan propio, que inclúe unha iniciativa presentada hoxe no Congreso. "Para pedir que se amplíen as axudas sociais a aqueles cidadáns que utilizan diariamente o transporte colectivo por estrada, que non debe quedar fora xerando dúas Españas", explicou a número dous do PP.

O plan de aforro enerxético será tramitado como decreto lei, polo que os grupos teñen un mes para presentar as súas emendas ao texto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade