Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras de estudantes nas inmobiliarias de Santiago para alugar un piso

Ringleiras de estudantes nas inmobiliarias de Santiago para alugar un piso

Os mozos quéixanse de que a oferta é escasa e cara

Os pisos de dous cuartos pasan de 500 euros, e os de catro dos 1.000

Os máis madrugadores chegaron á axencia ás cinco da mañá
G24.gal 02/07/2024 14:20

Superados os exames, o alumnado de Santiago afronta a reválida de atopar un piso de alugueiro. É unha misión complicada que se repite a principios de xullo todos os anos. "Hai pouca oferta, cara, e moitas vivendas non están nas mellores condicións", resume un mozo.

Madrugar ten premio

A inmobiliaria levanta a reixa ás dez da mañá pero na rúa hai persoas desde as cinco. "Nós vimos de Vigo. Chegamos ás sete e media e xa había xente aquí", di unha moza. "A primeira hora pasamos moito frío e agora xa vai calor", comenta outra.

Os primeiros grupos saen para ver os pisos. Os axentes organízanse por zonas e número de habitacións. Hai tanta demanda e tan pouca oferta que non hai marxe para a indecisión. "Se vas nun grupo e o primeiro o quere, cólleo. Se queres pensalo ou falta un compañeiro e prefires pensalo, ofrécenllo ao segundo, e, se lle gusta, xa llo conceden", conta unha rapaza.

As ringleiras de estudantes cerca das inmobiliarias repítense todos os anos en xullo As ringleiras de estudantes cerca das inmobiliarias repítense todos os anos en xullo

Prezos e condicións

Os estudantes acoden ás inmobiliarias cunha idea determinada pero moitos mudan as súas preferencias. Unha moza di que busca un piso de dúas habitacións pero que a estas alturas colle un de tres ou catro porque é moi complicado". 

A oferta escasa, as malas condicións dalgunhas vivendas e os prezos altos son as queixas de case todos. Un piso de dúas habitacións supera os 500 euros e un de catro, os 1.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade