Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras para renovar material escolar e mercar libros de texto nas librarías neste inicio de curso

Ringleiras para renovar material escolar e mercar libros de texto nas librarías neste inicio de curso

G24.gal 12/09/2023 22:21 Última actualización 12/09/2023 23:08

En librarías e papelerías hai ringleiras de familias que agardan polos seus pedidos ou para pagar as súas compras da volta ao cole. Na Superpapelería, da rúa Alfredo Vicenti da Coruña, tres traballadoras atenden no mostrador. Outras tantas fano para xestionar as reservas de libros de texto. Son días de gran concentración de traballo, e mellor, din, vir con tempo e paciencia.

Na libraría Nobel da cidade, o inicio do curso tampouco deu respiro. Como novidade apuntan que este ano hai unha queixa xeneralizada das familias pola suba do prezo dos libros.

Por diante queda polo menos unha semana máis, sinalan, de intenso traballo ata que pouco a pouco a rutina se vaia impoñendo de novo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade