Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trashorras marcha: "A figura do adestrador no Lugo é moi pouco valorada"

Trashorras marcha: "A figura do adestrador no Lugo é moi pouco valorada"

O club e o técnico chegaron a un acordo para resolver o ano de contrato que quedaba

Trashorras pasou por Ao Contraataque: "Tivemos que comezar de cero, case houbo que ensinalos a competir e a adestrar"

G24.gal 03/06/2024 17:19

O Lugo terá novo adestrador para a temporada 24-25. Roberto Trashorras, que tiña un ano máis de contrato, non seguirá á fronte do cadro lucense. O club e o adestrador de Rábade chegaron a un acordo para poñer fin á relación. 

O xa ex técnico do Lugo pasou polo programa da Radio Galega "Ao Contraataque" no que asegurou que "os equipos precisan proxectos e estabilidade", algo que no Lugo non aconteceu nos últimos anos. "O adestrador é unha figura pouco valorada, non ten o poder que necesita" comentou o de Rábade que asegurou: "Tivemos que comezar de cero, case houbo que ensinar aos xogadores a adestrar e a competir. Atopamos un equipo mentalmente moi feble". 

Tamén falou do episodio no que se xirou á bancada do Anxo Carro nun dos últimos partidos do campionato: "Pagar un abono non che dá dereito a insultar. Dúas semanas antes as miñas fillas tiveron que marchar do campo chorando polos insultos ao seu pai". 

Trashorras, que adestrou o filial do club lucense na temporada 22-23 regresou ao Polvorín con este campionato xa comezado en substitución de Roberto Fernández. Apenas estivo un par de meses porque foi reclamado por Tino Saqués para reconducir a situación do primeiro equipo logo das experiencias fallidas de Munitis e Albes. 

Dirixiu o equipo nos últimos catorce partidos do campionato nos que sumou 4 vitorias, 4 empates e 6 derrotas. O Lugo non conseguiu endereitar o camiño e quedou lonxe dos postos de fase de ascenso, obxectivo da entidade ao comezo da temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade