Publicador de contidos
Publicador de contidos

Robles insta os compañeiros dos militares falecidos en Córdoba a que declaren "a verdade"

Robles insta os compañeiros dos militares falecidos en Córdoba a que declaren "a verdade"

A ministra de Defensa visitou a base en que o 21 de decembro morreron os militares nunhas manobras

G24.gal 04/01/2024 20:38 Última actualización 04/01/2024 20:50

O Goberno rendeu homenaxe aos dous militares que faleceron hai 15 días nunhas manobras acuáticas na base cordobesa de Cerro Muriano. A ministra de Defensa, tras unha visita privada ao lugar do suceso, instou os compañeiros dos falecidos a que declaren "a verdade" ante o xuíz. Que conten, pediulles Margarita Robles, "o bo e o malo".

"Estivemos aquí cos compañeiros. Vimos transmitir unha mensaxe clara e contundente. Queremos que se aclare o ocorrido. Instei os compañeiros dos falecidos a que cando declaren diante do xuíz, declaren sen ningunha reserva todo o que eles viron", di Margarita Robles, ministra de Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade