Publicador de contidos
Publicador de contidos

Defensa despregará 5.000 militares máis en Valencia para axudar os afectados pola DINA

Defensa despregará 5.000 militares máis en Valencia para axudar os afectados pola DINA

O Exército xa despregou na zona 3.000 militares para desentullo, achique de auga e repartimento de axuda nun traballo ininterrompido

Tamén enviará un buque anfibio da Armada

 

G24.gal 02/11/2024 10:57

Despois de que o presidente da Generalitat de Valencia, Carlos Mazón, solicitara este sábado a primeira hora que 7.000 militares traballen na emerxencia en Valencia, o Goberno acordou de xeito inmediato o reforzo con 5.000 militares adicionais aos que xa traballan na zona.

Defensa xa prevía despregar este sábado 1.000 militares máis na operación para paliar os efectos da catástrofe. Con estes efectivos xa son uns 3.000 os que integran o continxente que traballa 24 horas no desentullo, baleirado de auga e lodo en locais ou sotos inundados e no repartimento da axuda humanitaria que chega a Valencia.

Os traballos de achique e limpeza de vías, que seguiron realizando durante toda a noite 2.553 militares, entre eles 1.570 da UME, están a posibilitar, segundo fontes do Ministerio de Defensa, o repartir con regularidade subministracións de auga embotellada, racións de comida e bens de primeira necesidade.

A predición meteorolóxica da zona é favorable e non está a impactar nas actividades que están a acometer desde a súa chegada: ademais de limpeza e apertura de vías con maquinaria pesada, achique de auga e lodos e repartición de víveres e subministracións, tamén traballan na atención sanitaria a persoal civil e no traslado de pacientes.

Os militares están a levar a cabo tarefas para a subministración de apoio eléctrico con grupos electróxenos e de vixilancia nas rúas, ademais de apoio psicolóxico.

Defensa considera que o reforzo de medios e persoal do resto das Forzas Armadas implicará unha maior progresión nas tarefas de limpeza de vías, e terá un impacto positivo na recuperación de servizos e no proceso de volta á normalidade.

É o maior despregadura das Forzas Armadas en tempos de paz en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade