O Goberno crea a Axencia Nacional para a Prevención do Cancro de Orixe Profesional
O Goberno crea a Axencia Nacional para a Prevención do Cancro de Orixe Profesional
Aprobada unha nova edicións dos viaxes do IMSERSO cun custo de 300 millós de euros
A fábrica de baterías para vehículos eléctricos que o grupo Volkswagen vai poñer en Sagunto botará a andar o venres
Isabel Rodríguez, ministra voceira do Goberno, enmarcou dentro da reforma laboral a estratexia de seguridade e saúde para os anos 2023 a 2027. Acordo 17 froito do diálogos social e coas comunidades. Como os riscos da dixitalización e a saúde mental. Tamén contempla a creación da Axencia Nacional para a Prevención do Cancro de Orixe Profesional, que permitirá avanzar na mellora da identificación de enfermidades profesionais.
Na atención ás persoas maiores aprobouse unha nova edición dos viaxes do IMSERSO, con viaxes en todas as provincias do Estado e cun custo de 300 millóns de euros. As novas viaxes, que supoñen un aumento de 70.000 prazas respecto á tempada anterior, contarán con máis e novos destinos, así como melloras na calidade das viaxes centradas nas preferencias das persoas maiores usuarias.
Reyes Maroto Illera, ministra de Industria, Comercio e Turismo tamén debullou as axudas as empresas para que o incremento dos prezos da electricidade non supoña un custo que poña en perigo a viabilidade do sector produtivo. Incidiu, tamén, no paquete de achegas directas a sectores estratéxicos e balance dos plans baseados nos fondos de recuperación, como os acordos coa empresa Nissan, ou á factoría de Wolkswagen en Sagunto. Esta última botará a andar este venres. Maroto dixo que esta fábrica de baterías para vehículos eléctricos que o grupo Volkswagen vai poñer en Sagunto axudará a reforzar a autonomía da industria automobilística e avanzar en mobilidade sostible.