Cargando resultados...
Romanos e castrexos conviven esta fin de semana no Arde Lucus
Romanos e castrexos conviven esta fin de semana no Arde Lucus
A festa conmemora a fundación da cidade, hai máis de dous mil anos
Este ano estrea o recoñecemento de interese turístico internacional
G24.gal
24/06/2023 14:54
Última actualización 24/06/2023 15:09
Lugo está inmersa esta fin de semana no Arde Lucus. Romanos e castrexos toman as rúas lucenses para conmemorar a orixe da cidade.
Este ano estrea o recoñecemento de festa de interese turístico internacional.
A cidade toda serve de escenario para esta festa.
Tamén hai representacións teatrais, desfile, campamentos e sesións do senado. Entretemento non falta.
O Arde Lucus vívese na rúa baixo un sol que tamén está invitado á festa. Continúa ata o domingo, pola tarde con circo e un restaurante onde hostaleiros locais presentarán tapas inspiradas na gastronomía romana.