Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo
Rompen retrovisores en varios vehículos estacionados na rúa en Lugo
Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores
Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo
Varios vehículos estacionados na zona das casas sindicais apareceron cos espellos retrovisores estragados. Din os veciños que non é a primeira vez que sofren este tipo de actos vandálicos.
Varios turismos estacionados nas rúas Eduardo Pondal e Portugal na zona das casas baratas de Lugo apareceron cos espellos retrovisores rotos este domingo, para desgusto dos seus propietarios. "Xa sen contar a parte económica, hai que poñer unha denuncia coa perda de tempo persoal que supón". "É un acto de vandalismo puro e duro".
Descoñécese de momento quen puido ser o autor ou autores. "Quen fai isto non ten moito sentido. Paso por aquí e vou rompendo cousas... a verdade que non ten moito xeito de ser".
Non é a primeira vez que se dá o caso nesta zona de Lugo. "Nesta zona é un suceso habitual e frecuente. Penso que comezan a romper polo comezo da rúa e seguen así ata o final ata que se aburren. A nós pasounos unha vez".
A policía trata de identificar os vándalos.