Cargando resultados...
Roni Herrán dálle continuidade ao oficio de ferreira
Roni Herrán dálle continuidade ao oficio de ferreira
Compatibiliza os traballos de encarga coas creacións propias para a súa marca de obxectos de forxa
G24.gal
08/12/2023 16:52
Última actualización 08/12/2023 16:59
A forxa, coma tantos outros oficios artesáns, estivo a piques de desaparecer varrido pola produción industrial. Pero a paixón de artistas coma Roni Herrán axuda a que perdure e se renove.
Na súa fragua, amais de atender demandas de sectores como a construción, dálles forma ás súas propias creacións. Tras estes sete anos de traballo na fragua, o seu obxectivo é seguir mellorando a súa destreza.
Aínda que non renuncia a seguirse expresando tamén a través doutros materiais, sabe que o traballo co ferro vai ser o principal e, nesa liña, aspira a consolidar a súa propia marca comercial de creacións de forxa.