Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Castro, premio Lois Peña Novo por consolidar o uso do galego nos medios de comunicación

Rosa Castro, premio Lois Peña Novo por consolidar o uso do galego nos medios de comunicación

O portal GCiencia e o arqueólogo Felipe Senén recibiron tamén o galardón polo uso do idioma nos seus respectivos eidos 

G24.gal 29/06/2023 22:10 Última actualización 29/06/2023 22:19

Rosa Castro Legazpi, GCiencia e Felipe Senén López recibiron este xoves o Premio Lois Peña Novo pola súa contribución a consolidar o uso do galego nos seus respectivos ámbitos profesionais.

Rosa Castro foi a guionista de series emblemáticas de Televisión de Galicia como Mareas Vivas, Terras de Miranda ou As Leis de Celavella.

Tamén é comunicadora, directora de programas de debate e informativos.

Castro agradeceu o premio en nome de todo o audiovisual galego e en especial en nome dos creadores de ficción. Aqueles que fan que a utopía sexa unha realidade, os que fan posible que vexamos personaxes de toda condición social expresárense en galego, os que fan posible que imaxinemos unha sociedade monolingüe en galego na nosa terra.

Rosa Castro tivo tamén palabras de crítica coa insensibilidade lingüística dos que teñen medo a ser "demasiado galegos".

Castro dedicou este galardón á súa nai, por quen se sente moi galega, á súa filla Ánxela, vivo exemplo de que o galego ten futuro como lingua de prestixio e á memoria de seu pai, un home que só sabía comunicarse con dozura e que a inspirou nesta xornada para transmitir o seu amor pola lingua cun sorriso.

Todos os que traballamos preto de Rosa Castro sentimos hoxe que poucos premios foron tan merecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade