Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Quintana cualifica de "disparate" descentralizar as sedes do Oceanográfico

Rosa Quintana cualifica de "disparate" descentralizar as sedes do Oceanográfico

A conselleira do Mar insta o Goberno central a cederlle a Galicia as competencias do IEO "se non se senten capacitados" para mantelo e xestionalo

G24.gal 16/04/2022 18:09

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, cualifica de "disparate" o plan do Goberno para descentralizar as sedes do Instituto Español de Oceanografía e non contar con Galicia nesa planificación.  En declaracións á Radio Galega, Rosa Quintana refírese á intención do Ministerio de Ciencia e Innovación de non enviar a Galicia os centros dedicados á acuicultura e pesca cando -segundo Quintana- a galega é "a comunidade pesqueira con máis importancia nestes dous ámbitos". 

"É un auténtico disparate. Eu o que lle pediría ao Goberno central é que dunha vez por todas se tome dunha maneira seria e rigorosa o papel que vén desempeñando dende hai máis de cen anos o Instituto Español de Oceanografía"

O Goberno galego non entende a decisión do Ministerio de non destinar a Galicia, aos centros que xa hai en Vigo e na Coruña, as seccións do Instituto Español de Oceanografía dedicadas á Pesca e á Acuicultura. A ministra Diana Morant anunciaba esta semana a intención de descentralizar todo o contido da sede que o Instituto ten en Madrid e enviar a Murcia a encargada da acuicultura e a Cantabria a de pesca.

Ademais de rexeitar a división en partes deste instituto, Rosa Quintana insta o Goberno a lle ceder a Galicia as competencias sobre o IEO se "non se senten capacitados" -di- para mantelo e xestionalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade