Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosa Quintana: "Eu agardo que non xurda ningún tipo de conflito no mar"

Rosa Quintana: "Eu agardo que non xurda ningún tipo de conflito no mar"

A conselleira do Mar considera que o recurso contra o veto europeo puido presentarse antes

G24.gal 09/10/2022 09:25

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, agarda que a entrada en vigor do veto europeo á pesca de fondo non desencadee "ningún tipo de conflito" nos caladoiros.

"Eu agardo que non xurda ningún tipo de conflito no mar porque o que está claro é que a inmensa maioría dos patróns supoño que decidirán abandonar esas zonas, onde aínda non está claro como poden pescar e onde poden pescar, e desprazaranse cara a outras zonas onde xa hai unha frota traballando".

Nunha entrevista na Radio Galega, a titular de Pesca da Xunta expresa o seu desexo de que "reine o sentido común".

"Agardo que reine o sentido común e unha vez máis o sector pesqueiro acredite que ten máis cabeza que algúns dos dirixentes que os están a levar por un camiño complexo e de pura tortura".

Insiste en que "os argumentos e as razóns están do noso lado" pero considera que o recurso puido presentarse antes.

"Creo que ese recurso puido presentarse moito antes e conseguirse tamén o apoio e o compromiso do resto das rexións da UE para intentar frear este ataque, dende o noso punto de vista, sen sentido para esta frota".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade