Rosa Quintana pídelle á UE "claridade" no conflito do arrastre
Rosa Quintana pídelle á UE "claridade" no conflito do arrastre
“O que lle pedimos é que non estea cada día dicindo unha cousa nova e que asuma dunha vez as competencias", di a conselleira do Mar
A Comisión Europea matizou que é aínda negociable o plan que veta a pesca de arrastre no 30 por cento das augas para 2030. A Comisión di que están dispostos a traballar cos países para mitigar o impacto. Desde Galicia, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, pídelles que sexan claros e que teñan en conta a afectación nas frotas.
“O que lle pedimos é que non estea cada día dicindo unha cousa nova e que asuma dunha vez as competencias que lle dá o artigo 39 do Tratado da Unión Europea. Non pode ser que agora diga que iso estará en mans dos Estados membros porque todos somos pescadores da UE e necesitamos unhas normas claras”, comentou.
A número 2 da DG Mare, Simpática Kirchner, rebaixou esta semana, durante a súa intervención no congreso de Opromar sobre a nova estratexia para a Biodiversidade da UE, o impacto das medidas anunciadas.
“Non estou en contra de ningunha arte de pesca, todas son boas si se utilizan ben, por iso o único que temos que facer na UE é, como xa estamos a facer en Galicia, uns bos plans de xestión e un coidado exquisito dos nosos recursos”, destacou a titular de Mar do Goberno galego.