Rosa Quintana cualifica como "disparate tras disparate" a Lei de costas
Rosa Quintana cualifica como "disparate tras disparate" a Lei de costas
Di que "non dan seguridade xurídica" ás empresas que levan anos instaladas á beira do mar
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, cualifica como "disparate tras disparate" as normas novas de costas que "non dan seguridade xurídica" ás empresas que levan anos instaladas á beira do mar e que a día de hoxe non saben se van poder manter a súa actividade, como é o caso das depuradoras de marisco.
"Haberá alguén con cabeza pensando en que lles está pedindo o sector? Eu vouche dar a posibilidade de que teñas un tubo captando auga no mar, tubo que vas ter que trasladar máis de 8, 10 ou 15 quilómetros cara á parcela onde poidas construír a túa empresa e terás que bombear a auga. E despois falamos de aforro enerxético e falamos de descarbonización... En fin, disparate tras disparate. Por iso eu entendo que o sector estea tremendamente preocupado e carente de seguridade xurídica".
A conselleira do Mar, que hoxe pasou polo Galicia por diante, tamén dixo confiar en que a Comisión Europea dea marcha atrás na norma que onte publicou o Diario Oficial da Unión Europea que prohibe a pesca en 87 zonas das augas comunitarias, aínda que o cualificou como difícil.