Cargando resultados...
Rosario Álvarez comeza o seu segundo mandato como presidenta do Consello da Cultura Galega
Rosario Álvarez comeza o seu segundo mandato como presidenta do Consello da Cultura Galega
Para os próximos catro anos proponse afondar no dixital ou chegar a públicos novos dentro e fóra de Galicia
G24.gal
11/07/2022 17:01
Última actualización 11/07/2022 17:49
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, tomou posesión do cargo este luns para un segundo mandato.
No acto estivo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que recoñeceu o labor deste órgano estatutario no impulso e protección da cultura propia.
No seu discurso, Rosario Álvarez lembrou que, ás veces, os informes do Consello non lles gustan ás administracións públicas, pero que esa é a razón de ser da institución.
Para os próximos catro anos proponse afondar no dixital ou chegar a públicos novos dentro e fóra de Galicia.
Pediu tamén máis presuposto e o presidente Alfonso Rueda dixo tomar nota da súa demanda.