Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rúas cortadas, actividades ao aire libre e mobilidade sostible no Día sen Coche da Coruña

Rúas cortadas, actividades ao aire libre e mobilidade sostible no Día sen Coche da Coruña

A Semana Europea da Mobilidade que remata este venres pon en valor o beneficio do uso dos transportes públicos ou de mobilidade persoal

G24.gal 22/09/2023 21:12 Última actualización 22/09/2023 21:34

Malia que cada 22 de setembro se repite, segue a incomodar a algúns condutores. O Día sen coches na Coruña celébrase pechando ao tráfico A céntrica rúa San Andrés. Un espazo que, por un día, queda reservado a actividades ao aire libre e tamén a outras formas de mobilidade máis sostibles. 

Con actividades deportivas e ao aire libre a cidade da Coruña pecha a Semana Europea da Mobilidade que trata de promover a sostibilidade e tamén a convivencia nos espazos públicos.

A experiencia da mobilidade sostible pode comezarse desde as idades máis temperás en circuítos de educación viaria.

A Semana Europea da Mobilidade que remata este venres pon en valor o beneficio do uso dos transportes públicos ou de mobilidade persoal. Mais tamén quere chamar a atención sobre a importancia de que todas e cada unha das persoas que comparten a vía pública poidan moverse de xeito seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade