Cargando resultados...
Rubén Fernández gaña a carreira de cualificación en Portugal; Prado, sexto
Rubén Fernández gaña a carreira de cualificación en Portugal; Prado, sexto
G24.gal
29/04/2023 20:41
O Mundial de Motocrós vive esta fin semana unha das probas máis especiais para os nosos pilotos, o Gran Premio de Portugal.
E comezou do mellor xeito posible para Rubén Fernández, que se fixo coa vitoria na carreira de cualificación. Ademais, logrouno adiantando a un Jeffrey Herlings que semellaba ser o gran favorito na carreira.
Jorge Prado non tivo tanta sorte. Caeu e perdeu varias posicións, pero finalmente conseguiu remontar ata o sexto posto. Mañá, a partir das tres da tarde, a primeira das dúas quendas deste Gran Premio de Portugal.