Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubia galega, brioche caseiro e baconesa: o segredo da mellor hambuguesa de España faise na Estrada

Rubia galega, brioche caseiro e baconesa: o segredo da mellor hambuguesa de España faise na Estrada

O Argentinos Burger da Estrada gaña o campionato nacional cunha receita 'dos oitenta'

A Old School 1980 foi seleccionada entre 350 propostas de toda España

G24.gal 14/03/2024 14:36

Din os seus creadores que a mellor hamburguesa de España é dos oitenta.

"Non é esmagada, nin medallón de 200 gramos, é así, dous discos clásicos directos sobre a prancha, como facían os meus pais de toda a vida aquí" di Gonzalo Pose, cociñeiro do Argentinos Burguer da Estrada.

Un regreso ás orixes, lonxe das complicacións gourmet, pero cun toque especial. O de ingredientes selectos, como o pan brioche caseiro ou a carne de rubia galega mollada con salsa baconesa.

A carne é de moita calidade, a salsa é moi orixinal e é moi equilibrada, esa é a clave".

"Gusta moito porque os ingredientes pegan entre eles", din Gonzalo e Mónica Couceiro, a coautora da hamburguesa.


A Old School 1980 gañou por unanimidade o campionato nacional, onde foi elixida entre 350 propostas de todo o país. Ideala non foi sinxelo, houbo que facer moitos ensaios e coller algún quilo no camiño.

"Fixemos moitas probas, rompemos a cabeza moito, pero fixemos algo importante, moi importante pata un establecemento como o noso", di Mónica.

Agora terá que pasar o veredicto da clientela. Xa teñen reservas ata a abril e desde a cociña do Argentinos Burguer da Estrada piden calma, porque haberá hamburguesa para todos.

"Paciencia, por favor, teremos a hamburguesa todo o ano na carta, non veñades todos de golpe na mesma fin de semana", engade Gonzalo sorrindo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos