Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubiales conserva o seu pasaporte pero terá que pedir permiso á xuíza para viaxar fóra

Rubiales conserva o seu pasaporte pero terá que pedir permiso á xuíza para viaxar fóra

Luis Rubiales: "Xamais houbo ningún diñeiro que se reciba de maneira irregular, nin unha licitación irregular"

Foto EFE
G24.gal 29/04/2024 16:51 Última actualización 29/04/2024 17:01

A xuíza que investiga posibles irregularidades en contratos da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) permitiu á súa expresidente Luis Rubiales conservar o seu pasaporte, pero ordenoulle que informe e pida permiso ao xulgado se quere viaxar fóra de España.

Cada vez que queira saír do país, Rubiales deberá informar o xulgado sobre a duración da súa estancia no estranxeiro e o domicilio onde se aloxará, segundo acordou este luns a maxistrada, que lle impuxo ademais a obrigación de comparecer unha vez ao mes no xulgado, segundo informan a EFE fontes xurídicas.

A xuíza Delia Rodrigo, que investiga a Rubiales por delitos de administración desleal e corrupción nos negocios, adoptou esta decisión despois de que a Fiscalía Anticorrupción propuxese que Rubiales siga libre e lle pedise a imposición de comparecencias quincenais perante o xulgado.

Tras sair doi xulgado, Luis Rubiales atendeu aos medios:

"Se teño que volver vir, aquí estarei a colaborar, son o máis interesado en que isto se acabe".

"Xamais houbo ningún diñeiro que se reciba de maneira irregular, nin unha licitación irregular".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade