Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda anuncia un decreto para darlles estabilidade laboral aos investigadores da Xunta

Rueda anuncia un decreto para darlles estabilidade laboral aos investigadores da Xunta

O presidente Alfonso Rueda anunciou que a previsión é que ese estatuto estea en vigor no primeiro semestre de 2023

G24.gal 10/11/2022 14:42

O Consello da Xunta aprobou este xoves a creación dun decreto para dotar dun estatuto laboral específico aos investigadores da Administración autonómica. O presidente Alfonso Rueda anunciou que a previsión é que ese estatuto estea en vigor no primeiro semestre de 2023.

Segundo explicou o xefe do Goberno galego, o obxectivo deste decreto é darlles estabilidade laboral e atraer talento de investigadores nos campo da sanidade, a biotecnoloxía, as ciencias mariñas ou alimentación. O texto aínda se está elaborando, pero Rueda avanza que a idea é crear un contrato laboral permanente ao que accederían por concurso de méritos.

Declaración de interese autonómico do proxecto do Celta en Mos

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de interese autonómico para o proxecto do Celta de Vigo en Mos. O proxecto consiste en crear tres infraestruturas: un espazo para formar deportistas, un centro para investigación no eido do deporte e un edificio para eventos con capacidade de dez mil espectadores, con locais de lecer e restauración. Para iso han de cumprirse unha serie de trámites que comezan agora e se alongarán ata setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade