Rueda confirma que os funcionarios cobrarán a compensación polo IPC antes da fin de 2022
Rueda confirma que os funcionarios cobrarán a compensación polo IPC antes da fin de 2022
Suporá un incremento do 1,5 por cento nos salarios que paga a Xunta
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, confirmou este luns que o Goberno galego está a traballar para tramitar canto antes a lei que permitirá facer efectiva a compensación polo IPC aos funcionarios da administración autonómica antes de que finalice este ano.
"A intención é facelo efectivo antes de que remate o ano. Terá que ser, como dicía o conselleiro de Facenda, mediante unha lei de lectura única para axilizar o máximo posible a súa tramitación. É un esforzo importante o que ten que facer a Xunta de Galicia para conseguir que estea abonada antes de que remate este ano. Sobre a contía concreta, falaba Facenda de 30 ou 40 millóns", afirma Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.
A preguntas dos xornalistas, recoñeceu que “é un esforzo importante”, e “máis tendo en conta que é unha cantidade non presupostada” previamente nas contas da Xunta de Galicia, xa que se trata dun recente acordo entre Goberno central e sindicatos e é de aplicación obrigatoria.