Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda critica que o Goberno non consulte coas comunidades medidas que lles afectan

Rueda critica que o Goberno non consulte coas comunidades medidas que lles afectan

O presidente da Xunta di que colle estes anuncios con "precaución, porque é facilísimo que se rectifiquen"

G24.gal 03/10/2022 14:46

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pídelle ao Goberno que se "quere facer medidas de país, nos chame antes (ás comunidades autónomas)" en relación ao plan de aforro enerxético que prevé aprobar este martes o Consello de Ministros.

Rueda critica que o Executivo central tome medidas que afectan as autonomías sen chegar a acordos antes con elas. "Acabamos de saber da suba salarial dos empregados públicos que nos afectan directamente e non sabiamos nada e seguimos en saber", dixo o presidente.

O xefe do executivo galega engadiu que colle estes anuncios con "precaución, porque á facilísimo que se rectifiquen", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade