Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda destaca o papel "estratéxico" do sector vitivinícola e garante o apoio da Xunta

Rueda destaca o papel "estratéxico" do sector vitivinícola e garante o apoio da Xunta

O presidente da Xunta visitou a adega As Laxas, en Arbo

G24.gal 26/08/2024 17:06 Última actualización 26/08/2024 18:09

O sector vitivinícola galego cre que a vendima que comeza nuns días será "moi boa". Así o trasladou este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha visita a adega As Laxas, de Arbo, que pertence á denominación de orixe Rías Baixas.

Con máis de 60 hectáreas de vides propias, a produción das Laxas supera o millón de botellas. Venden o 20 % do viño ao estranxeiro, desde os Estados Unidos ao Xapón.

Alfonso Rueda destaca o papel dos viticultores para manter vivo o rural e na construción da marca Galicia e compromete o apoio da Xunta ao sector, con "menos burocracia e máis facilidade para xestionar a terra".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade