Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda e a alcaldesa da Coruña acordan avanzar nas obras do hospital e a intermodal

Rueda e a alcaldesa da Coruña acordan avanzar nas obras do hospital e a intermodal

Falaron tamén do centro de saúde de Santa Lucía e dun novo albergue de peregrinos

 

G24.gal 04/10/2022 20:44

O presidente da Xunta abriu esta tarde coa alcaldesa da Coruña a rolda de reunións cos rexedores das cidades.

O encontro estivo marcado polo diálogo e a lealdade institucional.

Alfonso Rueda e Inés Rey chegaron a acordos para avanzar nas obras do hospital, na estación intermodal, no centro de saúde de Santa Lucía e nun albergue de peregrinos.

Rueda explicou que conseguiron "perfilar" o convenio polo que o Concello cederá o terreo da antiga Comandancia de Obras para que a Xunta o converta en albergue de peregrinos.

Tanto sobre a citada intermodal como sobre a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, as partes coinciden en darlles "toda a prioridade que sexa necesaria para que avancen e para que se inicien esas obras despois de moitos anos de espera", dixo Rey.

Outro dos asuntos foi o centro de saúde de Santa Lucía, un proxecto exposto hai dous mandatos, aínda que agora a alcaldesa di que ve próxima a licitación das obras.

Tanto Rueda como Rey avanzaron o compromiso da Xunta de investir o próximo ano tres millóns de euros no financiamento da Orquestra Sinfónica de Galicia.

O titular da Xunta asegurou que prevé impulsar o papel da Coruña no ano Picasso e a alcaldesa da cidade reclamou mellorar e redeseñar o mapa de liñas interurbanas de autobús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade