Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda e Lores acordan colaborar no Museo de Pontevedra

Rueda e Lores acordan colaborar no Museo de Pontevedra

O presidente da Xunta e máis o alcalde de Pontevedra tamén pactaron que o Concello participe na estrada nova a Marín

G24.gal 25/10/2022 15:59

O presidente da Xunta e o alcalde de Pontevedra acordaron que a Administración autonómica colabore na ampliación do Museo de Pontevedra, o antigo convento de Santa Clara, e máis que o concello participe na ampliación da estrada nova a Marín.

En asuntos como a variante de Alba a Xunta non ve a necesidade que si detecta o concello. Este é o principal desacordo dun encontro do que falaron de case todo.

"Con calma e con respecto aos posicionamentos de cada un. É obvio que non estamos de acordo en todo e hai algunhas cousas que me preocupa máis non estar de acordo. Pero, en todo caso, é o que hai", afirma Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

"Hai investimentos moi importantes en anos anteriores en Pontevedra, chegamos a cualificalos como históricos: o xulgado, Ponte da Barca, edificio Benito Corbal. Queremos seguir nese camiño e moito máis nesta que é a miña cidade. Repasamos cousas que se están facendo en colaboración co concello de Pontevedra e creo que a obra estrela é o gran Montecelo", asegura Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

A dragaxe da ría de Pontevedra espera os estudos ambientais adicionais que pide o Goberno central para depositar os lodos na illa de Sálvora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade