Rueda: "Eu quero ser presidente da Xunta pero non a calquera prezo"
Rueda: "Eu quero ser presidente da Xunta pero non a calquera prezo"
O líder do PPdeG presenta as persoas que encabezan as listas do seu partido
Fin de semana de presentación de candidaturas a 36 días da celebración das eleccións autonómicas en Galicia. Alfonso Rueda presentou as persoas que encabezan as listas do Partido Popular de Galicia e dixo que ten un equipo preparado para gobernar pensando no país.
O líder dos populares galegos asegurou que quere ser presidente, "pero non a calquera prezo", e pediu unha campaña en positivo.
Diego Calvo, vicepresidente primeiro da Xunta, será o cabeza de lista pola Coruña; a vicepresidenta do Parlamento, Elena Candia, a número 1 por Lugo; por Ourense irá a conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivo; e por Pontevedra, despois de Rueda, vai a empresaria Patricia García.
O líder do PPdeg pídelles aos seus candidatos que defendan o valor da palabra dada fronte a unha oposición que, di, non quererá falar na campaña de balances nin de proxectos, porque, apunta, teñen programas incompatibles e equipos enfrontados.