Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda pide por carta a Transportes que "impida" a posible suba das peaxes da AP-9

Rueda pide por carta a Transportes que "impida" a posible suba das peaxes da AP-9

Considera o incremento  das tarifas "inasumible e inaceptable"

Lémbralle nunha misiva a Raquel Sánchez que a autoestrada galega xa ten un prezo por quilómetro superior á media española

G24.gal 20/11/2022 21:01

Carta do presidente da Xunta á ministra de Transportes para pedirlle que tome medidas que impidan a suba do prezo das peaxes tanto da AP-9 coma da AP-53 a partir do un de xaneiro.

Un incremento que podería roldar o 9 % e que, asegura Rueda, é inasumible para os galegos e inaceptable para o goberno autonómico.

O presidente da Xunta lémbralle a Raquel Sánchez que a AP-9 é a arteria de comunicación máis importante de Galicia e que é clave para a economía. Alfonso Rueda censura que o executivo central autorizara sucesivas subas extraordinarias que fan que esta autoestrada sexa das máis caras e a que máis eleva os seus prezos cada ano, e que, pola contra, fose liberando de peaxes outras autoestradas estatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade