Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda presenta o plan estratéxico do sector da conserva para 2022-2030

Rueda presenta o plan estratéxico do sector da conserva para 2022-2030

Calidade, exportación e innovación son os tres eixos que pretende mellorar o plan 

O sector pide fondos europeos para manter os 12.000 postos de traballo

G24.gal 28/12/2022 16:54

Calidade, exportación e innovación son os tres eixos da conserva galega que pretende mellorar o plan estratéxico presentado este mércores. Contén 80 medidas que van dende o financiamento, a comercialización ou o emprego, ata a reputación social da cadea mar-industria.

A Xunta aspira a reforzar a calidade, o potencial exportador e a innovación co plan estratéxico da conserva 2022-2030. O obxectivo é facer que a industria conserveira galega sexa "punteira e referente como sempre foi" da man dun proxecto que elaborou o centro tecnolóxico Cetmar e a patronal conserveira de pescado Anfaco-Cecopesca e que recolle unhas 80 medidas.

A financiación, produción, comercialización e exportación, así como o investimento en investigación e desenvolvemento, o emprego e a reputación social son outros obxectivos do plan.

"Galicia leva feito moito na industria conserveira, pero o espíritu de superación ten que ser sempre una constante", afirmou o presidnte da Xunta que se amosa partidario dunha colaboración público-privada.

O plan estratéxico aposta por adoptar iniciativas específicas para diversificar os mercados e chegar a máis países fóra da Unión Europea. Tamén busca ensalzar os produtos locais e as marcas históricas, atraer talento e garantir o relevo xeracional, ademais de avanzar na dixitalización mediante o impulso do comercio electrónico, a robotización ou a investigación e o desenvolvemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade