Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda presentará Galicia como unha "terra de oportunidades" ante os investidores mexicanos

Rueda presentará Galicia como unha "terra de oportunidades" ante os investidores mexicanos

O presidente da Xunta remata o luns en México a viaxe a América con encontros empresariais e coa colectividade galega

G24.gal 16/04/2023 19:01

O presidente da Xunta remata este luns en México a súa viaxe a América con encontros empresariais co obxectivo de reforzar as alianzas económicas con Galicia. Este domingo Alfonso Rueda participará en actos culturais e da colectividade galega.

A primeia cita do presidente na capital mexicana será a festa tradicional que se celebra no Centro Galego, onde, ademais, coñecerá de primeira man as actividades e os apoios que ofrece esta entidade aos galegos no exterior.

Despois asistirá á obra teatral coproducida polo Centro Dramático Galego e a Compañía Nacional de Teatro de México.

Xa o luns reunirase con empresarios españois e galegos en México e con investidores de aquí para presentarlles os proxectos estratéxicos que está impulsando a Xunta en sectores económicos de futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade