Cargando resultados...
Rueda viaxará a Panamá, Venezuela e México entre o 12 e o 17 de abril
Rueda viaxará a Panamá, Venezuela e México entre o 12 e o 17 de abril
G24.gal
02/04/2023 12:53
O presidente da Xunta viaxará a América despois da Semana Santa para manter encontros empresariais e institucionais en Panamá, Venezuela e México.
Neses tres países, Alfonso Rueda continuará os encontros coas colectividades galegas no exterior iniciados no mes de outubro, cando realizou un periplo de cinco días por América do Sur que o levou á Arxentina e ao Uruguai.
Entre o 12 e o 17 de abril, o titular do Goberno galego reunirase con autoridades, empresarios e investidores interesados nos proxectos económicos e industriais nos que traballa a Xunta. O mandatario galego quere aproveitar a situación estratéxica de Galicia como ponte entre América e Europa.