Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda volve pedir ao Goberno central a rebaixa do IVE á carne e ao peixe

Rueda volve pedir ao Goberno central a rebaixa do IVE á carne e ao peixe

A Xunta presenta a estratexia de dinamización do sector cárnico

G24.gal 09/01/2023 16:43

O sector da carne en Galicia conta desde hoxe cunha estratexia de dinamización ata o ano 2030. Aspira a posicionar Galicia como referente de calidade, abríndose a novos produtos e mercados.

Na presentación, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediulle ao Goberno que estenda á carne a baixada do IVE. Lamentou que o Executivo central "esquecera" a carne e o peixe na rebaixa do imposto a pesar de ser “alimentos de primeira necesidade”.

Así se pronunciou durante unha visita realizada este luns ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia situado no Pazo de Fontefiz, no municipio ourensán de Coles, onde se presentou a nova Estratexia de dinamización do sector cárnico para o horizonte 2022-2030.

Na súa intervención, situou entre os retos "inmediatos" a necesidade de rebaixar o prezo do IVE que tachou de "imprescindible". Unha baixada, dixo, que "ten que chegar a produtos que non incluíron e que tamén son de primeira necesidade, e o peixe e a carne sono".

Referíndose ao sector cárnico, destacou o peso que representa este sector na comunidade, que supón "o 34 por cento da produción agraria", con 43.000 explotacións, 192 industrias de transformación e case 6.000 traballadores ao que sumou a existencia de catro Indicacións Xeográficas Protexidas e razas autóctonas con nome propio.

A do sector cárnico é a terceira estratexia que se desenvolve na Galicia para potenciar os ámbitos produtivos do campo galego, tendo en conta que xa están en marcha a Estratexia de dinamización do sector lácteo e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.

Rueda subliñou que este plan será a "folla de ruta" para o desenvolvemento do sector, que inclúe 64 medidas e 174 accións que pivotarán ao redor de seis eixos: organización e profesionalización para fomentar a competencia; transformación; posicionamento nas mercados nacional e internacional, mellora da cadea valor, accións para concienciar á cidadanía sobre a importancia da produción cárnica galega e un desenvolvemento sostible.

Doutra banda, destacou que esta estratexia supón un "paso máis" do Goberno galego a outras iniciativas promovidas durante a pandemia ou a guerra de Ucraína para axudar ao sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade