Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia anuncia a toma da localidade ucraína de Márinka, en Donetsk

Rusia anuncia a toma da localidade ucraína de Márinka, en Donetsk

Anunciouno o ministro de Defensa

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 25/12/2023 18:18 Última actualización 25/12/2023 19:29

O ministro de Defensa ruso, Serguéi Shoigú, anunciou este luns a toma da localidade ucraína de Márinka, rexión de Donetsk.

A noticia coñeceuse durante unha reunión do ministro co presidente, Vladimir Putin, transmitida pola televisión pública.

"No marco das accións ofensivas das unidades da agrupación militar Sur hoxe liberamos completamente a localidade de Márinka", dixo Shoigú.

Se se confima, trataríase do principal avance das tropas rusas en máis de seis meses en Ucraína.

Shoigú resaltou que "practicamente en cada rúa" os ucraínos contaban con posicións de combate e un "complexo sistema de túneles" que lles permitía resistir os ataques rusos por terra e aire.

Á súa vez, subliñou que a liberación do devandito bastión reducirá o potencial defensivo ucraíno e brindará ao exército ruso "novas oportunidades para futuras accións nesa dirección".

Putin destacou nas últimas semanas que o seu exército ten a iniciativa en case todos os sectores da fronte, o que obrigou a Kiev a poñerse á defensiva e comezar a construír fortificacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade